Arriba

Edu-AREA é un espazo aberto con recursos e plans para innovar na túa docencia.

Ver
Entrar
Rexístrate

Proba a App para mestres e alumnos

Disponible en Google Play

Que podes atopar?

Que podes facer?

Máis Información

Non reinventamos a roda: en Edu-AREA non é posible crear recursos, pero si rexistralos.

Existen multitude de ferramentas que nos permiten crear recursos e indicámosche cales son as que podes utilizar (por exemplo, Editores de Imaxes). Unha vez creados pódelos rexistrar en Edu-AREA para utilizalos nos teus plans.

Concepto Aberto

A Declaración de Paris sobre OER do 2002 promovida pola UNESCO e o Commonwealth of Learning (COL) define Recursos Educativos Abertos (REA) como

"'[...] materiais de ensino, aprendizaxe e investigación en calquera soporte, dixital ou doutro tipo, que sexan de dominio público ou que sexan publicados cunha licenza aberta que permita o acceso gratuito a eses materiais, así como o seu uso, adaptación e redistribución por outros sen ningunha restricción ou con restriccións limitadas. As licenzas abertas fundamentanse no marco existente dos dereitos de propiedade intelectual, tal como veñen definidos nos correspondentes acordos internacionais, e respectan a autoría da obra'".

As 5 Rs

Seguindo os principios do movemento aberto en Edu-AREA podes exercer os dereitos recoñecidos nas 5 Rs:

Granularidad REA

Sampson & Zervas (2014) propoñen unha clasificación xerárquica dos elementos nos seguintes niveis:

Rexistrar Recursos

Describe o recurso para que outros docentes poidan coñecelo e valoralo de cara á súa posible utilización. Podes incluír información sobre a licenza Creative Commons (CC) coa que se ofrece. O sistema rexistra todos os usos que se fagan do recurso

Buscar e Explorar

Utiliza as funcionalidades de procura e exploración para localizar o que che interesa

Editar Plans

Elixe a plantilla que queres utilizar e prepara os plans das túas actividades ou unidades didácticas. Podes utilizar os recursos e plans dispoñibles, combinándoos e editándoos segundo creas oportuno. Edu-AREA comproba que se respectan as licenzas CC dos distintos elementos

Clasificar en Taboleiros

Crea, clasifica e organiza segundo as túas preferencias

Documentar a túa Experiencia

Engade evidencias, observacións e reflexións sobre os teus cursos. Tamén podes modificar os teus cursos a medida que os vas desenvolvendo, cambiando recursos e plans

Recursos

Un recurso é calquera tipo de elemento que pode utilizarse durante o desenvolvemento dun proceso de ensino/aprendizaxe. En Edu-AREA distinguimos entre os seguintes tipos de recursos:

Os Recursos de Edu-AREA poden incluírse nas Actividades e Unidades Didácticas que consideres oportuno. Tamén se poden incorporar nos Taboleiros

Plans

Unha Actividade define unha dinámica que é realizada como parte dun proceso de aprendizaxe/ensino. En Edu-AREA unha Actividade pode estar formada por varios compoñentes organizados de acordo a unha plantilla. Existen varias plantillas predefinidas nas que se seguen distintas estruturas combinando obxectivos, guías, Recursos, etc.

En Edu-AREA unha Unidade Didáctica pódese compoñer de varias Actividades e Recursos, xunto con outros compoñentes organizados de acordo a unha plantilla. Existen varias plantillas predefinidas nas que se seguen distintas estruturas combinando obxectivos, guías, etc.

Para facilitar a caracterización en base a criterios homoxéneos os plans sempre poden incluír os seguintes compoñentes:

Edu-AREA App Android

App para iOS (Próximamente)