Que podes atopar?

Edu-AREA é unha aplicación para promover a innovación docente. O obxectivo principal é facilitar aos profesores un conxunto de elementos e funcionalidades que lles inspiren e lles axuden a abordar a innovación e mellora das súas actividades docentes.


En Edu-AREA atópanse varios elementos que comparten unha serie de características comúns:


  • Unidades Didácticas. Un conxunto de actividades coas que se persegue un ou varios obxectivos educativos.

  • Actividades. Trátase de indicacións ou guías para o desenvolvemento de dinámicas educativas.

  • Recursos. Poden usarse ou participar no desenvolvemento de actividades.


Como usuario de Edu-AREA podes crear os elementos que consideres oportuno, ben de forma pública ou privada.


  • UnlockedPúblicos. Serán visibles para todos os usuarios, incluídos os invitados.

  • Lock2Privados. Os elementos privados só ti podes velos.


En canto á edición somentes podes modificar os teus propios elementos. Agora ben, se podes ver un elemento doutro usuario dende a túa conta podes facer unha copia e podes modificar dita copia. En ningún caso podes modificar ningún elemento que non sexa teu, nin outros usuarios poderán modificar os teus elementos.


Os tres elementos principais de Edu-AREA (Recursos, Actividades e Unidades Didácticas) poden ser de dous tipos:


  • Checkbox uncheckedXenéricos. Atópanse definidos de forma xeral, a modo de categorías ou tipos.

  • Checkbox partialEspecíficos. Son instancias reais ou particulares dun elemento xenérico.


Neste momento Edu-AREA non permite relacionar elementos xenéricos con elementos específicos.