Tipos de Licenzas

En Edu-AREA os usuarios poden elixir usar licenzas Creative Commons, licenzas con algúns dereitos reservados ou non usar licenza.


Para unha explicación detallada, ver o seguinte vídeo tutorial: Tipos de Licencias en Edu-AREA.




Creative Commons Licenses

Hai catro tipos de licenzas que permiten a outros copiar, distribuir, remesturar, mostrar e modificar o teu traballo, sempre e cando che den crédito pola creación orixinal.


  • By CC-BY: Para usos comerciais e non comerciais, pero se queres que o teu traballo sexa específicamente para usos non comerciais,entón deberías usar a licenza CC-BY-NC.

  • By sa CC-BY-SA: Para usos comerciais e no comerciais, pero se queres que o teu traballo sexa específicamente para usos non comerciais, entón deberías usar a licenza CC-BY-NC-SA. Os traballos derivativos (novo traballo) teñen que estar baixo unha licenza cos teus mesmos termos.

  • By nc.eu CC-BY-NC: Para usos non comerciais, pero as súas novas creacións non teñen que estar baixo unha licenza cós mesmos termos.

  • By nc sa.eu CC-BY-NC-SA: Para usos non comerciais e o seu traballo derivativo (novo traballo) ten que estar baixo unha licenza cos teus mesmos termos.


Hai dous tipos de licenzas que permiten a outros copiar, distribuir e mostrar só copias verbatim do teu traballo, non traballos derivativos (non poden modificar nada), sempre e cando che den crédito pola creación orixinal. Estas son as licenzas máis restrictivas.


  • By nd CC-BY-ND: Para usos comerciais e non comerciais, pero se queres que o teu traballo sexa específicamente para usos non comerciais, entón deberías usar a licenza CC-BY-NC-ND.

  • By nc nd.eu CC-BY-NC-ND: Para usos non comerciais.

Non recomendamos o uso de licenzas Non-Derivativas cando se traballa con Recursos Educativos Abertos. Deberías utilizar unha licenza aberta como as de Creative Commons.


Creative Commons tamén proporciona ferramentas que serven no espazo de 'tódolos dereitos liberados' do dominio público. Permite aos licenciantes renunciar a todos os seus dereitos e ubicar a súa obra no dominio público. Os usuarios só deberían aplicar CC0 o seu propio traballo, salvo que teñan os dereitos necesarios para aplicar CC0 ao traballo doutra persoa.


  • Cc zero CC0


Algúns Dereitos Reservados

A obra está protexida polos dereitos de autor e/ou dereitos afíns. É accesible sen cargo, pero o seu uso está suxeito ás condicións establecidas polo autor/a da obra. A menos que se indique expresamente nas condicións da licenza, és libre de realizar calquer uso permitido polos dereitos de autor e dereitos afíns do teu país, incluíndo follear o material, facer unha copia ou imprimir para o teu uso persoal. Calquer outro tipo de reprodución e comunicación destinada ao público están suxeitas ás condicións de licenciamiento adxuntas á obra.


Sen Licenza

Os usuarios poden elixir non utilizar unha licenza Creative Commons para o seu traballo, agás se están utilizando un traballo con licenza CC-BY-SA ou CC-BY-NC-SA. Nese caso, deberían licenciar o seu traballo cunha licenza CC-BY-SA ou CC-BY-NC-SA. Un usuario tamén pode rexistrar un recurso, actividade ou unidade didáctica procedente de Internet e non saber se ten licenza CC ou non. Neste caso, o usuario debería elixir a opción de licenza descoñecida e non asignarlle unha licenza CC se non lle corresponde a ese traballo.


Se o usuario non indica unha licenza, prevalecerán os dereitos de autor. Os traballos que non teñen licenza non deberían ser usados por outros.