Recursos

Un recurso é calquera tipo de elemento que pode utilizarse durante o desenvolvemento dun proceso de ensino/aprendizaxe. En Edu-AREA distinguimos entre os seguintes tipos de recursos:


  • Documentos: Elementos con información textual e/ou multimedia, tales como: páxinas Web, PDFs, debuxos, vídeos, fotografías, mapas, cuestionarios, etc.

  • Aplicacións: Elementos software que ofrecen funcionalidades ou servizos, tales como: editores de texto, blogs, reproductores de vídeo, xogos, etc.

  • Dispositivos: Elementos físicos baseados ou non nas novas tecnoloxías, tales como: ordenadores, pizarras, tesouras, cámara de vídeo, etc.

  • Convidados: Persoas externas ao centro educativo (non se consideran profesores ou alumnos) que poden participar en actividades no centro. A participación pode ser diversa: dar unha charla, facer unha demostración, avaliar os traballos dos alumnos, etc. Algúns exemplos de invitados: pais e nais, un pintor, un músico, etc.

  • Saídas: Lugares ou eventos físicos ou virtuais (sitio web, webinar) que se teñen lugar fóra da escola e no que a clase pode participar. Algúns exemplos: museos, zoológicos, concertos, fábricas.


Os recursos de Edu-AREA poden incluírse nas Actividades e nas Unidades Didácticas que consideres oportuno. Tamén se poden incorporar nos Taboleiros.


En Edu-AREA non se gardan recursos educativos, senón que se teñen fichas con información ou apuntes dos mesmos. En canto a recursos trátase xa que logo dun sistema de referencias (referatorio) e non dun repositorio.