Paradata, de que estamos falando?

Enténdese por paradata, polo menos neste contexto, á información sobre os recursos educativos que se obtén facendo uso dos mesmos e das accións que se fan sobre eles.

No caso concreto de Edu-AREA esta información está dispoñible nas mini vistas dos elementos, situada na parte inferior, e en cada unha das vistas xerais, situada á dereita das mesmas.


Record card paradata Show paradata

A información dispoñible clasifícase en tres seccións:


  • Información xeral Proporciónase información xeral sobre o elemento: se o elemento é un elemento orixinal ou se se trata dunha copia doutro, a súa data de creación, a data da súa última modificación, etc.

  • Usos Os usuarios poderán coñecer quenn visualizou o elemento, se foi copiado, se foi incluido nalgún outro, etc.

  • Comentarios Tódoslos elementos poderán ser comentados polos usuarios do sistema e ditos comentarios serán visibles.