Que é Creative Commons?

Creative Commons (CC) é unha organización que proporciona licenzas aos propietarios (licenciadores) para permitir a outros (licenciantes) compartir, remesturar, reutilizar e distribuir o seu material legalmente. Estas licenzas básanse en copyright (dereitos de autor) pero permiten aos licenciantes modificar os seus términos de copyright para adaptalos as súas necesidades, protexéndoos de infraccións de copyright sempre e cando eles acaten as condicións impostas polo autor orixinal.


Na seguinte imaxen, o extremo esquerdo da barra indica a licenza máis restrictiva a través do copyright e o extremo dereito a máis permisiva a través do dominio público.



Cccpd


Que podes atopar?



Preguntas frecuentes

Existen licenzas nos taboleiros?

  • Agora mesmo en Edu-AREA os taboleiros non se poden licenzar. No caso de facelo deberían considerarse coleccións e aplicar as restriccións propias das coleccións.

Se un recurso ten licenza CC-BY-SA e se engade nunha actividade, que licenza pode ter dita actividade?

  • Como en Edu-AREA unha actividade considérase unha combinación, obrigatoriamente debería ter licenza CC-BY-SA tamén.

Se un recurso ten licenza Creative Commons coñecida, pode ter a actividade que o contén unha licenza SRR?

  • Non, debe ter tamén unha licenza CC coñecida.

Se un recurso ten licenza SRR, a actividade que o contén pode ter algunha licenza CC?

  • Non, a actividade non podería ter licenza.