Unidades Didácticas

Unha Unidade Didáctica consta dun conxunto de Actividades que se propoñen para alcanzar un certo obxectivo educativo.


En Edu-AREA unha Unidade Didáctica pódese compoñer de varias Actividades e Recursos organizados de acordo a unha plantilla. Existen varias plantillas predefinidas nas que se seguen distintas estruturas combinando obxectivos, guías, recursos, etc. Si estás interesado nun novo tipo de plantilla non dubides en poñerte en contacto connosco.


Para facilitar a caracterización en base a criterios homoxéneos nunha Unidade Didáctica sempre se poden incluír os seguintes compoñentes:


  • Perfil Tecnolóxico. Describe as tecnoloxías dispoñibles en términos de ferramentas xenéricas ou específicas. Considéranse os seguintes elementos: aplicacións, dispositivos, LMSs, Sistemas Operativos e tipo de conexión a Internet.

  • Pefil Curricular. Describe as características curriculares. Considéranse os seguintes elementos: nivel, curso, asignaturas, obxectivos oficiais e idioma.


Edu-AREA permite gardar Unidades Didácticas e editalas. Xa que logo é un repositorio e un editor de Unidades Didácticas.