Se modifico un material con licenza Creative Commons, que licenza debo empregar?

A licenza orixinal do material que queres modificar sempre será aplicable ao material, aínda cando o modifiques. A licenza que podes elexir para a túa propia contribución (licenza adaptativa) depende de que licenza se aplica ao material orixinal.


Para unha explicación detallada de como licenciar unha adaptación, ver o seguinte vídeo tutorial: Asignar licencia a una Adaptación en Edu-AREA.




O seguinte cadro indica a licenza Creative Commons que podes elexir como a túa licenza adaptativa. Se o recadro é verde, podes elexir esa licenza. Creative Commons non recomenda o uso dunha licenza cuxo recadro é amarelo. Os recadros de cor gris indican aquelas licenzas que non podes elexir.



Podo combinar obras que empregan distintas licenzas Creative Commons na miña obra?

Depende. Se empregas obras con licencias CC distintas e queres incluílas na túa obra, debes prestar especial atención ao cadro de compatibilidade, para así elexir a licenza correcta para a túa obra.


Para unha explicación detallada de como licenciar unha combinación, ver o seguinte vídeo tutorial: Asignar licencia a una Combinación en Edu-AREA.




O seguinte cadro indica que licenzas CC se poden combinar. Se hai unha marca de verificación verde na intersección de dúas licenzas, entón esas licenzas son compatibles. Non obstante, se hai unha X, esas licenzas non se poderán usar conxuntamente.