Asignar Licenza

En Edu-AREA, gestiónanse tres tipos de licenzas: licenzas Creative Commons, licenzas con Algúns Dereitos Reservados ou temos a opción de non escoller licenza.


Para unha explicación detallada de como asignar unha licenza, ver o seguinte vídeo tutorial: Asignación de Licencia en Edu-AREA.




A seguinte táboa mostra as opcións de licenza que teñen cada un dos elementos en Edu-AREA:




No caso dunha Actividade ou Unidade Didáctica, non damos a opción de Algúns Dereitos Reservados xa que dende Edu-AREA queremos fomentar a creación de Recursos Educativos Abertos utilizando licenzas libres como son as Creative Commons. Os recursos sí teñen esta opción xa que non se crean en Edu-AREA senón que se proporciona un enlace a súa ubicación ou aos arquivos fontes que queramos rexistrar. Neste caso, si o usuario posúe calquer tipo de notificación por parte do/a autor/a do recurso que lle permita usar o seu recurso, entón poderá usalo na creación de calquera Actividade ou Unidade Didáctica. De tódolos xeitos, dende Edu-AREA recomendamos a creación de Actividades e Unidades Didácticas con licenzas Creative Commons para cumplir cun dos principios máis importantes dos REA, como son as licenzas libres.