Actividades

Unha Actividade define unha dinámica que é realizada como parte dun proceso de aprendizaxe/ensino. Nunha actividade poden participar alumnos e/ou profesores, para o que poden dispoñer dun ou varios Recursos.


En Edu-AREA unha Actividade pode estar formada por varios compoñentes organizados de acordo a unha plantilla. Existen varias plantillas predefinidas nas que se seguen distintas estruturas combinando obxectivos, guías, recursos, etc. Si estás interesado nun novo tipo de plantilla non dubides en poñerte en contacto connosco.


Para facilitar a caracterización en base a criterios homoxéneos nunha Actividade sempre se poden incluír os seguintes dous compoñentes:


  • Perfil Tecnolóxico. Describe as tecnoloxías dispoñibles en termos de ferramentas xenéricas ou específicas. Considéranse os seguintes elementos: aplicacións, dispositivos, LMSs, Sistemas Operativos e tipo de conexión a Internet.

  • Pefil Curricular. Describe as características curriculares. Considéranse os seguintes elementos: nivel, curso, asignaturas, obxectivos oficiais e idioma.


Edu-AREA permite gardar actividades e editalas. Xa que logo é un repositorio e un editor de actividades. A maiores Edu-AREA permite combinar Actividades en Unidades Didácticas.